Sunday 19 de May de 2024

A Xunta de Galicia celebra o XII aniversario do Centro de Día de Outes


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe, acompañado do alcalde de Outes, Manuel González, no acto de celebración do décimo segundo aniversario do centro de día da localidade. Durante o mesmo salientou o bo funcionamento deste equipamento, un dos máis lonxevos da rede de centros de atención aos maiores da Xunta de Galicia

No acto déronse cita familiares, usuarios e persoal do centro, que participaron nas diferentes actividades programadas, como unha exposición fotográfica, actuacións musicais e unha merenda. O centro de día de Outes ten 30 prazas.